[01] Quen somos
En BEL coidamos como ves para cambiar como vives
Realizamos avaliacións optométricas para afondar no teu sistema visual e entender como comprendes o mundo. Traballamos de forma integral, en contacto con logopedas, fisioterapeutas, psicólogos, oftalmólogos e terapeutas ocupacionais. Detectamos e tratamos sen parche problemas neurosensoriais como o estrabismo e a ambliopía, disfuncións visuais que dificultan a lectura e a aprendizaxe, e visión dobre en adultos tras un dano cerebral ou un traumatismo.
Pide citaServizos
[02] O que facemos
Óptica
Gafas graduadas e de sol duradeiras e cómodas. Diferentes estilos para que ti decidas como queres sentirte, sempre cun toque de autenticidade. Axudámosche a escoller a montura e as lentes que mellor se adaptan a ti.
Optometría
Unha boa visión é moito máis que ver o 100%. Avaliamos o sistema visual en profundidade para entender como os nosos ollos reciben a información, como se interpreta ao chegar ás áreas cerebrais (procesamento) e que respostas motoras se executan en consecuencia.
Terapia visual
É un tratamento neurofuncional con exercicios personalizados que estimulan, reorganizan e fortalecen as habilidades visuais activando circuítos neuronais específicos. Baseada na neurociencia, mellora a eficacia visual e optimiza como o cerebro interpreta, procesa e responde á información visual.
Contactoloxía
Realizamos adaptacións personalizadas de lentes de contacto para mellorar a túa función visual e darche liberdade de movemento. Facemos un estudo previo da superficie ocular e acompañámoste en todo o proceso, ata que te sintas a gusto con elas.
Baixa visión
Se tes baixa visión e os tratamentos convencionais non che funcionan ou non son suficientes, traballamos para potenciar o teu resto visual útil con axudas específicas e especializadas, para que gañes autonomía no teu día a día.
Dano cerebral
Unha lesión craniana pode alterar o sistema visual ao danar as áreas do cerebro que perciben e procesan o que vemos. Unha avaliación optométrica especializada é fundamental: analizamos os síntomas e as habilidades visuais afectadas para dar co mellor tratamento e reducir o impacto no teu día a día.
Por que BEL
[03] A nosa forma de facer
Experiencia
Formación especializada en visión binocular, terapia visual, adaptación de lentes de contacto e baixa visión.
Proximidade
Dedicámosche o tempo que mereces, con calma e escoita activa.
Calidade
Buscamos a mellor solución clínica para ti e traballamos con monturas de calidade, esixentes en durabilidade e comodidade.
Tecnoloxía
Usamos equipos avanzados e innovadores que nos dan máis precisión nas avaliacións visuais.
Compromiso
Formámonos continuamente para estar ao día dos últimos avances e axudar cada vez a máis persoas a superar as súas dificultades visuais e recuperar a súa calidade de vida.
Como traballamos
[04] Paso a paso
1. Coñecemos o teu caso
Na primeira visita dedicamos tempo a escoitarte e entender as túas necesidades.
2. Avaliación visual
Para resolver as túas dificultades avaliamos en profundidade o complexo sistema visual. Ver ben non é ver letras illadas, é comprender o mundo.
3. Proposta de tratamento
Analizamos os resultados e propoñémosche un plan de acción. Para poder ofrecer tratamentos innovadores e respectuosos co teu benestar, estamos en formación continua.
4. Acompañamento
Seguimos ao teu carón durante todo o tratamento: terapia visual, adaptación de lentes de contacto ou uso de lentes monofocais e progresivas.
O teu benestar visual
comeza aquí
Déixanos os teus datos e chamámoste para darche hora
Grazas!
Recibimos a túa solicitude. Chamarémoste canto antes para darche hora.
O centro
[05] Equipo
BEL é un centro de Optometría e Terapia Visual deseñado para coidar e potenciar a función visual de nenos e adultos. Ofrecemos tratamentos especializados e personalizados, con tempo, agarimo e escoitando con calma o que precisa cada paciente. O noso obxectivo: que a túa visión non limite o teu benestar.

Leticia Vila
Optometrista e fundadora
Graduada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Optometría e Ciencias da Visión pola Universitat Politècnica de Catalunya. Especializada en diagnóstico binocular e terapia visual.

Visítanos
[06] Onde e cando
Horario
Agardámoste
Luns a xoves
10:30 a 13:30 e 15:30 a 19:00
Venres
9:00 a 15:30
Xullo e agosto (luns a venres)
9:00 a 15:30